EDLg franciscanasOurense


Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Frankenstein
Bo día e bo domingo amigas e amigos.

Novamente estou aquí para comentarvos de maneira moi sucinta o aniversario dunha obra que seguramente a todas e todos os é coñecida.
Hoxe fai 200 anos que Mary Shelley, unha adolescente de 18 anos, publicou a novela “Frankenstein o el moderno Prometeo” .

A orixe desta novela atopámola alá polo ano 1816, coñecido como o ano sen verán. Chámaselle así porque na illa de Sumbawa, en Indonesia, un volcán, o Tambora, entrou en erupción e o hemisferio norte soportou un longo e frío inverno.

Durante este terrible ano, Mary Shelley e o seu marido, Percy Bysshe Shelley fixeron unha visita ao seu amigo Lord Byron que residía en Suíza. Alí foi onde Byron retou aos Shelley e ao seu médico persoal, John Polidori, a escribir, cada un, unha historia de terror.

Dos catro, realmente solo Polidori completou a historia, pero Mary Shelley concibiu unha idea que foi o xerme da que hoxe está considerada a primeira historia moderna de ciencia ficción e unha excelente novela de terror gótico.

Neste punto considero interesante destacar que Byron amañaría para escribir un fragmento baseado nas lendas sobre vampiros que escoitara durante as súas viaxes polos Balcanes; fragmento que máis tarde Polidori utilizaría para crear a novela “El vampiro” en 1819, que tamén está considerada como a primeira referencia literaria deste subxénero de terror. Así que, en certo modo, os temas de Frankenstein e Drácula, foron creados partindo da mesma circunstancia.

Pero volvendo á novela, narra a historia de Víctor Frankenstein, un mozo suízo estudante de
medicina, obsesionado por coñecer os segredos da alma da persoa. Así crea un corpo a partir da unión de distintas partes de cadáveres ao que da vida con electricidade producida por unha enorme tormenta eléctrica.

Nese intre, Víctor Frankenstein comprende que acaba de crear un horror, que rexeita e abandona. O monstro que creou síntese abandonado pola humanidade e esperta o seu odio e a súa sede de vinganza.ç

Ao longo da historia escribíronse máis de 100 réplicas desta obra e películas. A soidade, o abandono do creador, a diferenza, son temas que quedan reflectidos na mesma así como o medo á mecanización en plena revolución industrial.

Se queredes saber máis sobre o tema e pasar a tarde deste domingo chuvioso, suxírovos que vexades a primeira obra orixinal en branco e negro de Frankenstein.

Apertas.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-03-2018 17:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal