EDLg franciscanasOurense


Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

11 DE MARZO: DÍA EUROPEO EN RECORDO DAS VÍTIMAS DO TERRORISMO
As efemérides e os actos de homenaxe teñen un sentido profundo que vai máis aló do formal. E si se trata da homenaxe ás vítimas da violencia terrorista, esa percepción adquire maior relevancia.

Por iso, debemos empezar recordando aquel 11 de marzo de 2004, no que 192 persoas foron asasinadas, e 1.893 resultaron feridas, en Madrid. Un día en que esa cidade converteuse na capital da dor. 

Aquel 11 de marzo, os terroristas non só acabaron coa vida de 192 persoas, aquel día feríronnos a todas as persoas de ben. Neses trens ían cidadáns de diversos países e de distinta condición social, relixión e ideoloxía política; e iso fixo que España e Europa reaccionasen conmovidas e indignadas.

Quedando reflectida a súa solidariedade e compromiso coas vítimas na declaración do 11 de marzo como o Día Europeo en Recordo das Vítimas do Terrorismo.

Malia que novos atentados danaron Europa, como o 7de xullo de 2005 en Londres ou o 3 de xuño en Londres e o 17 de agosto de 2017 en Barcelona, toda Europa segue en alerta e máis comprometida que nunca coa paz e a
seguridade no mundo e está máis preparada que nunca para combater o terrorismo; sempre con respecto á legalidade internacional sobre dereitos humanos e aos valores e principios fundamentais da democracia.

Por iso debemos ter para as vítimas un recordo porque é un acto de respecto, un exercicio de xustiza e de dignidade. No Día Europeo en Recordo das Vítimas do terrorismo, é unha esixencia moral, un alegato a favor da
decencia e dos valores humanos. Decencia e valores que non posúen os asasinos. E debemos traballar o resto dos días do ano para que se cumpra a lei e fágase xustiza, que é o mellor xeito de honralas.

Jaime Eiriz Castro 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-03-2018 17:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal