EDLg franciscanasOurense


Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Falece un condutor en Betanzos (A Coruña) ao ser atropelado polo seu propio camión
Un condutor faleceu na mañá deste sábado nun polígono industrial da localidade coruñesa de Betanzos ao ser atropelado polo seu propio camión. Segundo informou a Central de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, o suceso tivo lugar ás 13,00 horas deste sábado no Polígono Industrial de Piadela. Logo de recibir o aviso, a central de coordinación de 061 Urxencias Sanitarias enviou ao momento unha ambulancia asistencial e outra medicalizada, así como persoal sanitario do Punto de Atención Continuada (PAC) de Betanzos. Con todo, os efectivos sanitarios non puideron facer nada pola vida do condutor, de 50 anos de idade, que faleceu no acto logo de ser atropelado polo seu propio camión. A central de coordinación do 112 tamén puxo o caso en coñecemento de Protección Civil de Betanzos e a Garda Civil de Tráfico.

Rodrigo Míguez Fernández 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-03-2018 17:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal