EDLg franciscanasOurense


Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Contaxio pola "pasta"
Bos días

Hoxe a verdade é que me resultou complicado escribir no blog. Non atopaba nada que me enchera o suficiente para poder subilo e compartilo con todos vós. E mira que hai temas dos que falar! Pero nada, que non estaba inspirada.

Ao final, entre os numerosos artigos periodísticos e revistas dominicais que comparten presenza nos quioscos coa prensa diaria, atopei un artigo sobre un tema do que xa teño escoitado falar en infinidade de ocasións. Trata do “contaxio pola pasta”. E non me refiro á pasta que pomos nos nosos pratos, se non á “pasta” que manexamos diariamente como
moeda.

Sabedes que os billetes son capaces
de transmitir bacterias potencialmente perigosas para a vida. O papel dos billetes actúa como absorbente de bacterias procedentes
de diferentes medios e estas perduran na súa superficie polas condicións favorables nas que se atopan (humidade, temperatura,
nutrientes...)

Diferentes estudios indican que existen máis bacterias patóxenas nos billetes que no aire dun metro ou nas mans da xente. Isto débese a que o billete garda un rexistro da actividade daquela persoa por cuxas mans pasa. Antrax, fungos, ouriños, difteria... son algunhas das bacterias que se poden atopar na superficie dos billetes e algunhas das enfermidades que poden transmitir.

Os videogamers coñecen ben o caos que se pode producir cun billete infectado dun virus letal. Un videoxogo chamado “Tom Clancy´s The Division” fala deste escenario e incluso os seus creadores, Cash Contagion crearon como un programa informático que che permite comprobar qué bacterias posúe o teu billete.

Por suposto, tampouco debemos esquecernos dos restos de diferentes drogas, cocaína, metanfetamina, morfina. Un adicto utiliza unha media de catro billetes diferentes ao día para esnifar. En 2006, en Alemania, os billetes que saían dun caixeiro automático desfacíanse co simple contacto. Todos pensaron que se trataba dunha sabotaxe con ácido sulfúrico pero pronto se darían conta que se desfacían porque se utilizaran para esnifar “cristal” (metanfetamina).

E todos estaredes a pensar, pois qué fácil, lavar as mans e listo!

Si, pero... isto ten un problema: coñecedes a alguén que lave as mans tras manipular un billete? Eu non. A idea de que un billete pode transmitir tantas enfermidades e pode ser tan letal, non é real no noso pensamento.

Ao final amigos, a solución está como sempre na tecnoloxía. Teremos que gardar no recordo e como reliquia os billetes tal e como os coñecementos actualmente, feitos en papel moeda, e pasarnos aos moedeiros electrónicos, transaccións virtuais, pago electrónico... imaxinádesvos a nova versión de Cabaret, cantando Money, Liza Minelli! Que vaian pensando os produtores de Hollywood...

Clara María Domínguez Iglesias 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-03-2018 22:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal