EDLg franciscanasOurense


Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Adeus ao Pergamiño Vindel
Santiago mergúllase na Idade Media para despedir ao Pergamiño Vindel, que regresa á Biblioteca e Museo Morgan de Nova York tras exhibirse durante seis meses no Museo do Mar de Galicia. E faino cun concerto de Ensemble Micrologus, unha viaxe ata o medievo a través das cantigas de amigo de Martín Códax, interpretadas da forma máis fiel a como soaban na época. A formación emprega instrumentos realizados por luthiers, que reproducen exactamente aos da Idade Media, para interpretar seis das sete cantigas con melodía de Martín Códax. No concerto de despedida do Pergamiño Vindel, "Os sons do Vindel. Músicas da Península Ibérica no S. XIII", Ensemble Micrologus non se limitará a este repertorio, senón que se ampliará ao medieval profano con outros poetas coetáneos e trobadores da época, como Don Dinis e Alfonso X o Sabio.

Ensemble Micrologus é un grupo italiano de música medieval, vocal e instrumental, cun repertorio que inclúe tanto música relixiosa como profana, desde o século XII ao século XVI. Ademais de contar con instrumentos de reprodución exacta dos que se ten coñecemento a través das imaxes da Idade Media, fai interpretacións baseadas en investigacións históricas, que lle permite establecer hipóteses certeiras de como sería a interpretación da música medieval e da súa estética, e converten en únicas as súas interpretacións.

Rodrigo Míguez Fernández 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-03-2018 22:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal