EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Adeus a Quini, unha lenda do fútbol español
Enrique Castro Quini, “EL brujo”, o que fora xogador do Sporting de Gijón e o Barcelona, faleceu a última hora do martes 27 de febreiro, aos 68 anos, tras sufrir un infarto en Gijón en plena rúa, preto da súa casa.

Quini foi delegado do Sporting ata agosto do 2015 e actualmente era responsable de relacións institucionais do club gijonés. Lenda do fútbol español, gañador de cinco trofeos Pichichi en Primeira (tres co Sporting e dous co Barcelona) e dous en Segunda, coa selección española participou en dous Mundiais (Arxentina1978 e España 1982) e tamén na Eurocopa de Italia 1980. Xogou 35 partidos internacionais e marcou oito goles.

Quini naceu o 23 de setembro de 1949 en Oviedo e desenvolveu a súa carreira profesional entre o Sporting, no que militou quince tempadas. Chegou ao Barça en 1980, o club catalán pagou 82 millóns de pesetas (uns 500.000 euros) polo seu fichaxe. Foi o autor do gol 3.000 da historia do Barcelona, onde gañou a Copa de 1981 contra o seu Sporting, a Recopa (1982) e en 1983 tres títulos: a Copa, a Copa da Liga e a Supercopa.

Exemplo de nobreza, toda a familia Castro vivía con paixón o fútbol. De feito, o seu irmán Jesús, que faleceu afogado nunha praia cántabra cando auxiliaba a unha persoa en apertos, foi porteiro do Sporting durante dezasete anos. Outro irmán, Rafael, Falo, tamén de gardameta no Sporting de Gijón Atlético.

Quini foi secuestrado o 1 de marzo de 1981, logo de finalizado un encontro fronte ao Hércules que o Barcelona gañara, despois dun calvario de vinte e cinco días para o xogador e para os seus compañeiros de equipo foi liberado. Trala súa liberación, Quini retirou a acusación contra os seus raptores, aínda que o Barcelona decidiu seguir adiante coa causa e estes foron condenados a dez anos de prisión e a pagar cinco millóns de pesetas ao xogador, diñeiro ao que Quini renunciou.

Nos últimos anos, Quini tamén tivo que batallar contra o cancro, unha pelexa da que saíu vitorioso, malia soportar un tratamento enormemente agresivo.

O fútbol español di adeus a unha lenda dentro dos campos de xogo e tamén fóra deles, pois polo seu extraordinario carácter e afabilidade gañouse o recoñecemento de todos aqueles que lle coñeceron e trataron.

Jaime Eiriz Castro 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-03-2018 22:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal