EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os votos do PP tomban unha iniciativa para apoiar a folga de mulleres do 8 de marzo.

Os votos do Partido Popular tombaron unha iniciativa defendida polo BNG para
que a Cámara formalice un apoio explícito á convocatoria de folga feminista
para o próximo 8 de marzo. Unha proposta que o PP, que presentou unha
emenda, rexeitou por "elitista", a pesar de que contou cos votos favorables de
toda a oposición.
A deputada nacionalista Noa Presas considerou que "sobran os motivos" para
apoiar a convocatoria, ante a preservación dun sistema patriarcal "adestrado
para esconder e prolongar as desigualdades" e "crear unha ficción que se
perpetúa", e que vai máis aló do ámbito laboral ata alcanzar o do coidado e o
consumo.

Presas advertiu de que a sociedade vive nun momento "de nova misoxinia" e
"novas formas de opresión" no que todos os galegos teñen a
"responsabilidade" de combater as "múltiples discriminacións" que persisten en
todos os ámbitos.

Así, no consumo aumenta a creación de necesidades e os custos de produtos
para mulleres coa denominada 'taxa rosa', mentres se "perpetúan os roles
machistas' nos xoguetes infantís. Así mesmo, as mulleres asumen
"maioritariamente" o peso dos coidados no fogar.

Todo iso ademais das situacións de violencia que viven as mulleres, engadiu
Presas, cunha violación denunciada á semana durante o nove primeiros meses
de 2017 e o pouco peso de inspeccións respecto de casos de acoso,
denunciando que só un 0,1% de multas foron por cuestións de xénero. "Unha
cifra vergoñosa", insistiu.

Por iso, "fronte á consolidación da miraxe" e as declaracións "para lavar
conciencia", demandou participar nesta "mobilización histórica".

Raúl Rodríguez Seoane, 1ºBACH.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 05-03-2018 23:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal