EDLg franciscanasOurense


Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Fariña: serie e libro prohibido.


O libro Fariña de Nacho Carretero volveuse viral debido a que unha xuíz de
Collado Villalba (Madrid) ordenase o secuestro do libro o pasado 14 de febreiro
como medida cautelar tras que José Alfredo Bea, exalcalde do Grove,
demandase a Carretero e ao seu editorial, Libros do KO, por un delito de
"inxurias e calumnias" ao relatar a súa participación nunha descarga de
cocaína.

Ademais, Antena 3 aproveitou que o libro Fariña está na fala da xente para
adiantar a estrea da serie que prepara, en colaboración co produtora Bambú,
baseada na obra de Nacho Carretero sobre a historia do narcotráfico galego
nas décadas dos 80 e 90.
Fariña é, como a maioría intúe, bastante máis. Cando non, directamente, outra
cousa. É unha das primeiras series que baixa ao chan (neste caso á ría),
atrapa a atmosfera que alí flota e reflíctea fiel. Os actores e actrices viven nos
mesmos sitios onde se rodou e, no seu día a día, falan como os personaxes
que interpretan. Os escenarios son as paisaxes reais onde non fai tanto se
aparecían as descargas e os feitos péganse tanto como a ficción permite a
unha realidade recente e próxima. Fariña é unha serie; tamén, por momentos,
un documental.

Sara González Belloso, 1º Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 05-03-2018 23:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal