EDLg franciscanasOurense


Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O temporal de neve deu paso ao vento e á auga


O temporal de neve deu paso nos dous últimos días ao vento e á choiva. Protección Civil activou este venres o aviso amarelo por vento na provincia, nun escenario que se agravou na costa galega, na que se chegaron a rexistrar refachos de 104,8 quilómetros á hora. Mentres, en Ourense, a máis forte rexistrouse ás 16,00 horas en Carballeda de Valdeorras, cunha forza de 92,6 quilómetros. Estes refachos deixáronse notar na cidade, onde os bombeiros tiveron que intervir para fixar xanelas no edificio que fai esquina entre a rúa Manuel Pereiro e a avenida da Habana, despois de que se desprendesen cristais á rúa, sen chegar a alcanzar a peóns. Causaron desfeitas en dous coches.

A choiva non caeu con tanta intensidade como o xoves, pero na cidade recolléronse catro litros en apenas dúas horas, entre as 15,30 e as 17,00 horas. En Galicia, contabilizáronse 296 raios e a noite máis fría foi na Veiga, con menos 6,6 graos. Mentres, a neve volveu condicionar a circulación na A-52, entre Riós e A Mezquita, e en estradas de montaña.


Lucía Gómez, 1ºBACH.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 05-03-2018 23:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal