EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O pequeno comercio entra en liquidación.
Cada día pechan tres tendas en Galicia. Hai consumo, pero o autoemprego sen formación, rebaixas sen control e un feroz mercado por Internet tombaron 1.100 negocios no 2017 e outros 400 ata febreiro.


Xa nin os churros se venden como churros. Calquera negocio que hai unha década funcionaba e daba diñeiro hoxe fracasa ao entre o segundo e o terceiro ano de apertura, cando o 80 % do emprendemento naufraga nas facturas. Ocorre en toda España, pero máis en Galicia.
Hai consumo, e o pequeno comercio viu incrementar as vendas no último ano como non lembraba, con meses de crecementos por encima do 3 e o 4 %, segundo o INE. Pero o índice crecente de vendas do sector comerciante polo miúdo galego -que ao final pechou o 2017
cunha atenuada subida do 1,7 %- non encaixa co desastre de negocios rexistrada no último ano: un total de 1.100 comercios pechados e unha perda de tres autónomos ao día (13.315 en toda España). E o exterminio continua con xa preto do medio milleiro de baixas comerciais entre xaneiro e febreiro do 2018.





Anxela Pérez Fernández, 2ºBac.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 05-03-2018 23:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal