EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

As primeiras estrelas
Despois do Big Bang que deu orixe ao universo, houbo unha época con ausencia de luz. En astronomía coñéceselle como a Idade Escura. Centos de millóns de anos despois, coas primeiras estrelas, tivo lugar o chamado "amencer cósmico".
Foi entón cando o hidróxeno neutro que formaba a capa densa e escura do universo empezou a acumularse nalgunhas partes desa enorme masa escura, ata que colapsou e formáronse as primeiras estrelas.
Agora, un equipo de científicos puido detectar por primeira vez os sinais dunha desas estrelas, activa 180 millóns de anos despois da súa formación. Isto significa que se o noso cosmos ten 13,8 mil millóns de anos, as primeiras estrelas tiveron lugar 9 mil millóns de anos antes de que o Sol dese se queira un pequeno sinal de vida.

Unha antena especial
Una das cousas máis sorprendentes deste achado é que o equipo de investigadores conseguiu detectar os sinais da estrela primitiva entre todo o ruído que hai no universo. Algúns científicos describírono como escoitar o son dun colibrí no medio dun furacán. O sinal era, por sorte, moito máis intensa do esperado.
Para captala, o equipo investigador utilizou un radiotelescopio que semella unha mesa deping- pong situada no medio do deserto australiano, afastado de todos os ruídos.
Este descrubrimento pode ser un paso moi importante para poder comprender a nosa orixe, aínda que para chegar ata ese punto ainda queda moito.




Juan Vázquez Viso, 2ºBac.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 05-03-2018 23:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal