EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A CIA equipara o narcotráfico de Galicia ao latinoamericano e ao do norte de África
O narcotráfico galego está no punto de mira da CIA. A Axencia Central de Intelixencia estadounidense sinala directamente aos clans de traficantes de drogas de Galicia como algunhas das organizacións de maior transcendencia en Europa no transporte e distribución de estupefacientes. A división de intelixencia de Estados Unidos chega a equiparar incluso o traballo dos narcos galegos coa incidencia que en Europa teñen as bandas organizadas latinoamericanas e do norte de África.


A base de datos na que a CIA describe os feitos máis destacables de ata 267 países, colonias e entidades mundiais detense no caso de España especificamente na comunidade galega para indicar que «os traficantes do norte de África, de América Latina, Galicia e outros países europeos aproveitan a extensa costa de España para enviar grandes cargamentos de cocaína e haxix para a súa distribución ao mercado europeo». A referencia específica a Galicia no arquivo aberto da axencia cobra aínda máis relevancia ao ser unha do únicas oito que a CIA fai a territorios concretos de nivel administrativo inferior ao de Estado.

A descrición da incidencia da droga en España, máis aló dos clans galegos, indica que o mercado español é consumidor de cocaína latinoamericana e de haxix do norte de África. A maiores, a CIA considera España como «destino e punto de transbordo menor» para a heroína do sueste asiático, e tamén como lugar habitual para o lavado de diñeiro por parte de organizacións de narcotráfico e crime organizado colombianas. A axencia de intelixencia sinala, iso si, que a presenza de bandas e narcotráfico prodúcese «a pesar dos rigorosos esforzos na aplicación da lei» por parte das forzas e corpos de seguridade do Estado, a Administración e o sistema xudicial. Os arquivos que a CIA confeccionou sobre a incidencia mundial do narcotráfico e o alto consumo de drogas deixa fóra do devandito mapa só 43 países de todo o mundo. Entre eles destacan todos os nórdicos, Corea do Sur e Iraq, ademais de diversos Estados islámicos e africanos de baixo nivel de renda per cápita.





Laura Feijoo González, 2ºBac
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 05-03-2018 23:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal