EDLg franciscanasOurense


Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Descobren burbullas de vida pasada atrapadas fai 1.600 millóns de anos nalgún lugar da nova Terra
Burbullas de osíxeno fosilizadas de 1.600 millóns de anos, creadas por diminutos microbios no que algunha vez foi un mar pouco profundo nalgún lugar da nova Terra, foron descubertas na India.

Therese Sallstedt e os seus colegas da Universidade do Sur de Dinamarca, o Museo Sueco de Historia Natural e a Universidade de Estocolmo estudaron estes sedimentos fosilizados, e atoparon esferas redondas sobre as esteiras microbianas. Interpretámolos como burbullas de osíxeno creadas en bioesteras de cianobacterias en augas pouco profundas fai 1.600 millóns de anos, dixo Therese Sallstedt.

As cianobacterias cambiaron a cara da Terra de maneira irreversible xa que foron responsables de osixenar a atmosfera. Simultaneamente, construíron estruturas sedimentarias chamadas estromatolitos, que aínda existen na Terra hoxe en día.

Estes investigadores agora pensan que as cianobacterias desempeñaron un papel máis importante do que se cría anteriormente na creación de fosforitas en augas pouco profundas, o que permite aos científicos de hoxe unha xanela única cara aos ecosistemas antigos. Publicaron os seus achados na revista Geobiology.




Raquel Vázquez Reza 2ºBacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 04-03-2018 22:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal