Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O festival 'O Son do Camiño' esgota os seus 20.000 abonos en menos de dúas horas
O festival 'O Son do Camiño' que traerá a Santiago de Compostela entre o 28 e o 30 de xuño a artistas como The Killers, Lenny Kravitz e Jamiroquai, esgotou os 20.000 abonos que puña á venda en menos de dúas horas. Desde que se abriu ás 10:00 horas a venda destes abonos, foron miles as persoas que se conectaron ao sistema de venda por Internet creando colas virtuais para acceder á compra. Segundo informou a organización, en menos de dúas horas o festival esgotou as cinco ofertas que lanzaba e vendeu os 20.000 abonos dispoñibles, batendo marcas históricas en venda de entradas de festivais de toda España. A oferta inicial de 2.000 abonos a 39 euros durou apenas uns minutos, dado o masivo interese do público de toda España.
O Festival, que agradeceu o apoio e lamentou que algunhas persoas que se quedaron fóra desta compra, anunciará a súa programación por días e porá as entradas para cada un deles á venda proximamente.

Sofía Cougil Gracía
Comentarios (0) - Categoría Carteis - Publicado o 04-03-2018 12:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal