Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Día de Rosalía
Bos días amigas e amigos!

Tras o breve parón destas últimas semanas,
aquí regresamos con máis noticias, interesantes ou non, segundo o gusto dos que estades tras das pantallas.

Como todos saberedes, no día de onte, 24 de febreiro, celebrouse en toda Galicia o día de Rosalía con motivo da conmemoración dos 181 anos do seu nacemento.

Os actos foron numerosos, mais eu destacaría, como non podería ser doutra maneira, a saída dun grupo de rapazas e rapaces do noso centro, con “Josiño” e Elías á cabeza, onde cantaron e aledaron coas súas voces as andainas dos viandantes que por alí pasaban aproveitando a mañá xélida pero, radiante.

E seguindo co tema de Rosalía, sabiades que en Galicia temos máis de 120 rúas co seu nome e unha praza conmemorativa en cada cidade galega, excepto en Lugo, onde hai un parque co seu nome.

En Celanova, cincuenta establecementos de hostalaría ofrecerán “Caldo de Gloria”, receita que Rosalía de Castro describe no poema Miña casiña, meu lar e que bautiza co nome de “Caldo de Gloria”.

En sen ir máis lonxe, o Campus Universitario de Ourense, tamén se suma a esta celebración, pero o día 27 de febreiro, xa que a biblioteca universitaria leva o nome de “Biblioteca Universitaria Rosalía de Castro”.

E con isto rematan as novas polo de hoxe, a semana que vén máis e mellor!

Clara María Domínguez Iglesias 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 25-02-2018 17:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal