Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Marca Cristiano marca o Madrid
Cristiano tamén volveu liderar unha nova goleada do Real Madrid, que coa explosión anotadora do portugués recuperou a pegada que tanto botou en falta na primeira volta da liga. Outros dous goles ante o Alavés para consolidar a escalada ligueira dos brancos con outra contundente vitoria. Porque o Madrid non só leva seis vitorias e un empate nas sete últimas xornadas disputadas, senón que acumula nelas 30 goles. A conclusión: golea Cristiano, golea o Real Madrid. O portugués, desde a súa condición de Pichichi do equipo desde a súa chegada ao club branco, está a liderar a resurrección dun equipo que durante moitos meses resultaba irrecoñecible sen a achega anotadora do seu goleador. Catro goles marcou Ronaldo na desastrosa primeira volta que asinou o Real Madrid, polos 10 que leva no que vai dunha segunda volta na que os brancos están a escalar posicións.

Cristiano Ronaldo abriu o marcador ante o Alavés anotando o seu gol 299... e redondeou a súa completa actuación co número 300 en Liga. Desde que aterrase na nosa competición no verán de 2009, o luso disputou 285 partidos coa elástica madridista no torneo da regularidade. É dicir, nove tempadas despois, o seu cociente de goles por partido está en 1.05. Máis dun tanto por xornada disputada. Unha barbaridade nunca antes vista entre os mellores anotadores da historia da liga. Ninguén antes alcanzara unha media tan brutal con tantos partidos. O madridista necesitou 41 encontros menos que Leo Messi, ao que sempre se lle compara cando falamos de cifras goleadoras e récords, para chegar a eses 300 goles. O arxentino e gran estrela do Barcelona anotouno no seu partido 326 e é o único que aparece por diante do dianteiro portugués na clasificación de mellores realizadores na historia da liga, con 368 goles.

Rodrigo Míguez Fernández 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-02-2018 17:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal