Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A desaparecida no Pino, achada na estación de autobuses


Tras ser trasladada de madrugada ao CHUO,María Isabel Rodríguez Vila regresou na tarde de onte a casa

Imágenes integradas 1
Ao redor das dúas da madrugada de onte foi localizada en Ourense María Isabel Rodríguez Vila, de 69 anos, á que se lle perdeu a pista no lugar do Castro de Beiro tras saír á barbería e que foi atopada na estación de autobuses da cidade.
Segundo informou a Policía Nacional, que coordinou un operativo de procura que contou con axentes da Policía Local e membros de Protección Civil de Ourense e Barbadás, ao ter activado no seu móbil a desaparecida unha aplicación de posición, o último punto no que se localizaba a súa pista era en Castro de Beiro, polo que a procura dirixiuse a este lugar con efectivos policiais, cans e demais efectivos.
Durante a noite continuouse coa procura de noite, contando co apoio da unidade de drons da Xefatura Superior de Policía de Madrid con plataforma con unidade térmica para localizar persoas. A procura desenvolveuse nun perímetro triangular entre a estrada de Vigo á altura do supermercado Lidl, O Pino e o final de Castro de Beiro.
Finalmente, a muller foi localizada ao redor das dúas da madrugada polo vixiante de tráfico da estación de autobuses, que deu o aviso ao 092, que foi quen se fixo cargo da desaparecida e do seu traslado a un centro hospitalario.
A muller, que padece Alzheimer, presentaba rozaduras e mazaduras producidas tras andar polo monte entre a maleza, ademais de mostrar sensación de frío.
Desde a Policía Local destacaron que a muller foi localizada "grazas á colaboración cidadá e a un cartel con fotografía da mesma elaborado e repartido pola quenda de servizo da Policía Local".
A media tarde de onte, despois de ser atendida no centro hospitalario de Ourense, a muller regresaba finalmente ao seu domicilio.
Lucía López
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 25-02-2018 17:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal