Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Presentan na Toxa a primeira ruta de turismo de mergullo
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou hoxe no Grove a primeira ruta europea de turismo de mergullo sustentable Wildsea Atlantic Ocean Heritage Route ( WAOH! Route). A iniciativa xorde ao amparo do proxecto europeo Wildsea Europe no que Galicia participa xunto a outros países como Reino Unido, Irlanda e Portugal.
Esta iniciativa pioneira permitirá crear un itinerario, de máis de 5.000 quilómetros de costa atlántica, que conecte lugares de mergullo de primeiro nivel, establecendo sinérgicas cos deportes náuticos, a enogastronomía, o turismo mariñeiro e a arqueoloxía marítima. Nava Castro destacou que "é unha perfecta oportunidade na que Galicia ofrecerá a súa personalidade e singularidade como destino e tamén a experiencia na posta en marcha de produtos vinculados ao mar, que poderán enriquecer este novo itinerario internacional".
Galicia foi o lugar escollido para o lanzamento do proxecto WAOH! Route, que conta co apoio financeiro da Unión Europea, que achega os 375.000 euros do investimento para a súa posta en marcha e nace para fortalecer a Europa como un destino sustentable de alta calidade baseada nos hábitats mariños e no amplo patrimonio subacuático do Atlántico. Tomando como fío condutor o turismo de mergullo, o proxecto permitirá combinalo con actividades náuticas que incluirán percorridos en kaiak polas rías galegas, avistamento de cetáceos e tamén actividades para descubrir patrimonio marítimo formado por galeóns, mercantes ou pesqueiros mergullados nas profundidades.
Este proxecto tamén servirá de aliciente para novas experiencias transnacionais que impulsen a actividade da crecente cantidade de empresas especializadas neste campo. A WAOH! Route atraerá un mercado en crecemento, especialmente no campo internacional, onde se contabilizan seis millóns de mergulladores e máis de 20 millóns de afeccionados ao kaiak.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-02-2018 17:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal