Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O vixiante da escola de Florida non se enfrontou ao asasino durante o tiroteo

O vixiante que estaba de servizo na escola de Parkland, Florida, cando se cometía a matanza de 17 persoas fóra e dentro do edificio, presuntamente non tratou de impedir o tiroteo: quedou fóra e non confrontou o asasino, segundo informou o alguacil do condado de Broward, Israel Scott, en base a unhas imaxes gravadas que non se fixeron públicas.
O alguacil dixo que Scot Peterson, de 54 anos, que traballaba como oficial de reserva na escola Marjory Stoneman Douglas desde 2009, “atopábase no campus” cando Nikolas Cruz, de 19 anos, disparou indiscriminadamente cun fusil de asalto.
Con todo, non entrou no edificio para impedir que seguise matando aos estudantes e profesores que Cruz atopaba ao seu paso, de acordo coas gravacións das cámaras de seguridade e o afirmado por testemuñas dos feitos. O sheriff confesou que se puxo “enfermo do estómago” ao comprobar que Petterson, de uniforme e armado, estivo “catro minutos” impasible nas portas da escola, sen entrar no seu interior cando Cruz estaba a disparar.
Petterson estará suspendido ata que se coñezan os resultados dunha investigación interna sobre a súa actuación.
Nikolas Cruz, un mozo con problemas psicolóxicos e de conduta, foi detido pouco despois da matanza e está preso sen fianza.
ALBA LOSADA ÁLVAREZ 1º BACHARELATO
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 25-02-2018 17:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal