Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Cae un exespía da CIA
A historia de Jerry Chun Lee ten todos os ingredintes dun superventas de John le Carré. O exaxente da CIA en China, foi detido o luns pola noite a sua chegada ao aeroporto John F. Kennedy de Nova York como sospeitoso de gardar ilegalmente información confidencial dende
que no 2007 abandonara a axencia de intelixencia. Durante o rexistro que as autoridades levaron a cabo na equipaxe de Lee, de 53 anos, cando aterrizou na Gran Manzá procedente de Hong Kong, encontraron dúas libretas manuscritas envoltas en plástico nas que o acusado apuntara información relativa a empregados da CIA, con nomes auténticos e números de teléfono. Pero non so iso. The New York Times revelou que ditos cadernos tamén contiñan información relativa a operacións abertas: con detalles sobre puntos de encontro o casas seguras para os axentes da CIA en territorio chino que poderían danar gravemente a seguridade nacional de EE.UU, según o departamento de Xusticia. É máis, Lee é sospeitoso de axudar ao Executivo de Pekín a
desarticular unha rede de informantes estadounidenses no xigante asiático, que posteriormente foron executados ou encarcelados. Así o desvela NBC News, que apunta a que Lee entregara información determinante a China para que levase a cabo as execucións e encarcelamentos mencionados de aproximadamente vinte axentes dos Estados Unidos.

A Cadena perpetua.

Os feitos supoñeron uns dos peores casos de filtración de datos de intelixencia das últimas décadas. So comparado có ocurrido nos anos
noventa cós exaxentes da CIA y do FBI, Aldrich Ames e Robert Hanssen, que revelaron secretos ao Goberno ruso causando a morte de varios axentes estadounidenses. Entón, ambos foron condenados a cadena perpetua. Agora, as autoridades sospeitan que con Lee podería
haber ocurrido algo similar, tendo en conta que dende o ano 2010 o Executivo chino desmantelara importantes operacións de espionaxe da axencia de intelixencia no seu país, neutralizando a máis dunha ducia de fontes de información. De acordo cunha declaración xurada dun axente do FBI, Lee foi entrevistado en cinco ocasións no 2013 e nunca confesou a existencia duns cadernos que as autoridades xa encontraran  en varios rexistros meses antes en habitacións de hotel que Lee utilizou durante as súas viaxes a Hawái e Virxinia. Outra pregunta que sae a flote é por qué as autoridades deixaron ao exespía volver a China. De momento, o xuíz ordenou o seu arresto sen fianza e será unha audiencia no norte de Virxinia -onde está a sede da CIA- a que lle xuzgue por retención ilegal de información de defensa nacional.

Susan Nicole Varela Torres 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-02-2018 17:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal