Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un informe detecta que a canceira de Ourense carece de aloxamento cómodo e seguro
Un informe veterinario asinado o 26 de xaneiro do 2018 pon branco sobre negro as carencias que na actualidade ten as instalacións da protectora de animais de Ourense. Segundo o documento asinado por un veterinario colexiado, unha das principais trabas que se atopa o persoal da instalación é a ausencia dun sistema de dispensación de auga potable. «Os operarios están obrigados a repoñer a auga con envases de variable composición de forma periódica, cos problemas debidos a sucidades e contaminacións que supón», explica. Trátase dun sistema, segundo o experto, que é «imprescindible» nunhas instalacións deste tipo e que supón un «grave problema» de índole hixiénico-sanitaria, ademais dun incumprimento da lexislación vixente. En concreto, fai referencia o informe ao decreto 153/1998 de protección de animais domésticos e salvaxes en cautividade, como á nova lei 4/2017 de protección e benestar de animais de compañía de Galicia.
As carencias non se limitan á ausencia de auga potable. De acordo con este informe veterinario, as instalacións carecen dun aloxamento «suficiente, cómodo, seguro, a resgardo das inclemencias meteorolóxicas, xa que o elevado censo de animais obriga a que moitos vivan comunitariamente nos patios. Estes carecen dos cubículos necesarios para o acubillo dos animais e carecen das suficientes zonas cómodas para o seu descanso».
O informe difundido por Democracia Ourensá destaca tamén a ausencia de material para a realización de tarefas veterinarias e probas diagnósticas, así como a necesidade de inmunizar a todo o censo por vacúas pautadas pola normativa e que poderían afectar o persoal. Ademais, a análise das instalacións situadas en Eiroás conclúe cunha recomendación para a protectora e o Concello de Ourense: «Ante o elevado número de animais e o non menos importante volume de ingresos e saídas débese proceder a un rexistro interno para a mellora da xestión integral do manexo dos animais».





Ana Ramos Gallego
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-02-2018 20:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal