Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Licitación das obras da estación intermodal de Ourense
Segundo o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, o Consello da Xunta habilitou o crédito necesario para licitar as obras da estación intermodal de Ourense. Segundo Feijóo, as obras serán licitadas este mes de febreiro e iniciaranse este ano.
Na primeira fase de obra executarase a terminal de autobuses e o aparcadoiro subterráneo por un investimento autonómico de algo máis de 9 millóns de euros.
No que atinxe ao aparcadoiro subterráneo, que executará o Adif en cofinanciación coa Xunta, habilitaranse 300 prazas de aparcamento que darán servizo tanto á estación de autobuses como á estación do ferrocarril. Este aparcadoiro subterráneo permitirá unha contorna máis confortable.
Feijóo fixo fincapé en que a Xunta pode dar xa por finalizada as súas tramitacións, despois de facer uso da Lei de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou de excepcional interese para sacar adiante o proxecto da estación intermodal, xa que non estaba recollido nas normas urbanísticas que están en vigor no Concello de Ourense.
Tras o remate da primeira fase, comezará a segunda, a cargo do Ministerio de Fomento, que inclúe a adaptación da estación de ferrocarril e diversas actuacións para mellorar a integración urbana, como a comunicación entre os barrios a ambos lados da vía: o da Ponte e o Vinteún.



Lucía Alvarellos Garea
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-02-2018 19:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal