EDLg franciscanasOurense


Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

1,5 millóns para recuperación de solos queimados
A Consellería do Medio Rural xa investiu un total de 1,5 millóns de euros en medidas de recuperación dos solos afectados polos incendios forestales rexistrados en outubro de 2017, que afectaron a unhas 49.000 hectáreas, e ten outros 1,5 millóns de euros en execución nestes momentos.

Diso informou este venres na Comisión de Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes o director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández-Couto, quen asegurou que a Xunta actúa "sistemáticamente" en todas as zonas afectadas "nas que obxetivamente é necesario".


"E estou falando de criterios técnicos, non de criterios políticos", deixou claro o responsable autonómico de Ordenación Forestal, que subliñou que a Xunta mantén "contactos continuados" cos concellos e as comunidades de montes para realizar estes labores.

En resposta a unha pregunta formulada pola deputada de En Marea, Paula Quinteiro, que denunciou que non se estaban tomando medidas en todos os municipios" e que o Goberno galego non investía con igual intensidade en "zonas pouco poboadas", Fernández-Couto incidiu en que a Consellería do Medio Rural "non inviste en zonas de foto ou non foto senón onde é necesario.


Deste xeito, defendeu que a "maior parte" das actuacións levadas a cabo se realizaron en áreas que "non son precisamente visible". Tras iso, precisou que Medio Rural fixo "na orde de 500 hectáreas de 'mulching", unha cifra que aínda que "pode non parecer moito" supón "un traballo inxente" realizado nuns "dous meses".


"Fixéronse case 15 quilómetros de barreiras filtrantes que pode parecer un tema menor pero son actuacións tremendamente repartidas, que requiren unha avaliación moi importante e un nivel moi grande de detalle", sinalou para destacar tamén que o Executivo autonómico está actuando en "prácticamente todas as infraestructuras".

Dito isto, o director xeral de Ordenación Forestal puxo en valor o labor que se realiza en Galicia en materia de recuperación da superficie afectada polos incendios que, na súa opinión, sitúa á Comunidade a "moita distancia" dos países da súa contorna. "Hai moita coordinación, unha intensidade de actuación moi grande e, sobre todo, sistemática", sinalou.




Laura Feijoo González, 2ºBac.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 13-02-2018 20:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal