Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os falecidos a causa da gripe ascenden ata 107 en Galicia
O décimo terceiro informe de 'Vixilancia da gripe en Galicia' publicado polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) e recollido por Europa Press, correspondente á semana que terminou o 4 de febreiro informa que, xa son 107 os falecidos a causa da gripe.

Das 107 persoas falecidas en Galicia todas tiñan indicada a vacina antigripal, ben por idade ou ben por ter factores de risco para padecer unha gripe complicada, e 46 delas non estaban vacinadas.

Segundo reflíctese no último informe sobre a gripe publicado polo Sergas, na actualidade permanecen ingresados 427 pacientes con gripe confirmada en hospitais de Galicia.

En total, desde o inicio da temporada declaráronse 2.141 casos con gripe confirmada en Galicia, 344 máis que hai unha semana, dos cales o 67 por cento tiña o virus da gripe B; o 2,2%, gripe A e B; e o resto virus da gripe A.

O Sergas destaca tamén que o 90 por cento do total dos doentes ingresados durante esta temporada tiñan indicada a vacina antigripal e, deles, o 50 por cento non a puxeron.

TENDENCIA DECRECIENTE
O número de chamadas atendidas no 061 por gripe e outras infeccións respiratorias agudas (IRA) mantense estable respecto da semana anterior despois de descender durante catro semanas consecutivas, polo que o Sergas sinala que a tendencia é "estable" e a intensidade "continua baixa".

Pola súa banda, en Atención Primaria nesta semana a vixilancia baseada nos rexistros informatizados de gripe do Sergas amosa "un descenso a respecto da semana anterior".




Ángela
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-02-2018 16:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal