Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O desfile na capital ourensá obrigará a cortar a circulación no centro desde o catro da tarde.
A partir do catro desta tarde activarase o dispositivo especial de limitación de tráfico na capital, para facilitar o desenvolvemento do desfile do entroido. A cita obrigará a cortar a circulación a partir do catro da tarde, unha hora antes de que arranque o desfile. O percorrido previsto arrinca na comisaría de policía ao cinco da tarde e discorre por Curros Enríquez para baixar logo por Xoán XXIII e continuar por Progreso cara a cálea doutor Marañón e rematar na praza Maior. Os cortes de tráfico actívanse ao catro nos accesos á comisaría e ao catro e media en todo o circuíto. A avenida da Habana córtase desde a avenida de Buenos Aires, o acceso a Progreso limítase fronte ao pavillón de deportes e o acceso a Pardo de Cela desde a ponte do Milenio. Tamén se corta o acceso á ponte nova desde Alfredo Brañas e desde o Posío a Progreso. A partir do seis e media haberá baile, con aforamento limitado, na praza Maior.




Sofía Vecillas
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 12-02-2018 16:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal