Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

As Illas Atlánticas serán o sexto humidal galego protexido
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio tramitou ante o Goberno central a inclusión do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia na listaxe de humidais de importancia internacional, co que se sumaría aos cinco espazos galegos que xa contan con esta declaración: a ría de Ribadeo; a ría de Ortigueira-Ladrido; a lagoa e areal de Valdoviño; o complexo das praias, lagoa e duna de Corrubedo e o complexo intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, Punta Carreirón e Lagoa Bodeira.
O seguinte paso será que o Consello de Ministros dite o acordo da inclusión no Convenio Ramsar polo que, Galicia contará en breve cun sexto humidal protexido, o das Illas Atlánticas, formadas polas Illas Cíes, Sálvora, Ons e Cortegada.
O Día Mundial dos Humidais celébrase cada 2 de febreiro desde 1971. Conmemórase así a data da firma do Convenio sobre humidais na cidade iraniana de Ramsar, para crear conciencia en todo o mundo dos valores que achegan este tipo de ecosistemas para o planeta.
O lema escollido neste 2018 foi 'Humidais para un futuro urbano sustentable', seleccionado co fin de pór de manifesto a importancia de preservar, nun estado saudable, os humidais situados en contornas urbanas.


Lucía Alvarellos Garea
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 12-02-2018 15:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal