Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

absolto o xoieiro ourensán a quen Tous acusaba de copiar os seus deseños

A sentenza indica que as pezas non eran iguais e precisa que nas tendas Xoia Deseño non se dicía que eran efectos da marca catalá
As teses do ministerio fiscal e da defensa resultaron máis convincentes que as da mercantil Tous S. L., que acusou á empresa ourensá Xoia Deseño e ao seu titular, Antonio Daniel Domínguez Rodríguez, dun delito contra a propiedade industrial por presunta copia de deseños protexidos e rexistrados. A firma catalá había acudido no ano 2012 á denuncia e á vía penal contra a mercantil ourensá, que ten tendas en distintos lugares de España.«As xoias intervidas gardaban certas similitudes en canto a deseño, coas marcas e modelos industriais rexistrados por Tous, pero sen ser coincidentes con todas as características dos indubitados da casa Tous», segundo as conclusións da titular do Xulgado do Penal 1 de Ourense, Branca Díez Mediavilla.
As pezas motivo de controversia foran fornecidas, segundo detalla a resolución, por dúas empresas de Córdoba, que se someten a controis polos laboratorios correspondentes.Cre a xuíza que os obxectos que se venden en Xoia Deseño non son idénticos nin confundibles cos de Tous. «As xoias intervidas vendíanse coa súa etiqueta, o seu número de referencia e o seu bolso ou estoxo, sen facer ningunha mención á marca Tous», engade, para precisar, ademais, que se algún comprador tiña dúbidas, precisamente por existir certo parecido, os dependentes explicaban que non vendían xoias de Tous e que «para adquirir as mesmas haberían de dirixirse ás tendas da marca, e así llo explicaron tamén aos axentes do CNP, que vestindo de paisano, acudiron a algúns dos establecementos antes de practicar a entrada e rexistro dos mesmos».
Tampouco considera probaba a sentenza que o acusado soubese que Tous tiña rexistrado non só o seu nome senón tamén como marcas «varios ositos, unha nena, un neno, e unha serie de ositos encadeados, así como varios modelos industriais: figuras de flores, follas, un tulipán, unelefante, un bufo, unha casa, un coche, ou un corazón».Xoia Deseño elabora os seus propios catálogos, como o seu responsable dixo durante o xuízo, con produtos que lle eran fornecidos por outras empresas dedicadas á produción.A modo de exemplo sobre a diferenza das pezas, di a sentenza que «o osito comercializado por Xoia Deseño ten flequillo e o de Tous, non; ten os ollos alongados mentres que o de Tous ten puntos; e ten boca, non un punto como o de Tous».
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 11-02-2018 13:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal