Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Celler de Can Roca deseñará o menú da cea dos Premios Óscar

Os irmáns Roca serán os encargados de deseñar o próximo 4 de marzo o menú da cea dos Premios Óscar organizada pola Fundación Elton John.
A cea contará cun menú no que os cociñeiros tomarán a substitución de Gordon Ramsay para adaptar algunhas das súas creacións nesta cita coas estrelas.
Joan Roca viaxará a Los Ángeles (EEUU) días antes da cea para organizar as preparacións, e dado o número de invitados -máis de 1.000 persoas-, o equipo do Celler de Can Roca contará coa axuda de varios cociñeiros amigos.
O menú constará de varios entrantes, catro pratos e unha sobremesa. Basearán a proposta en pratos de tradición familiar e sabores do Mediterráneo revisitados baixo a súa óptica vangardista para sorprender a un público con moitas formas distintas de entender a comida.
Trátase dun desafío que non dubidaron en aceptar: "Somos inconformistas e sempre o fomos. Sempre dicimos que si a propostas como estas, e despois xa vemos como nos organizamos. Agora que xa o temos estudado creo que vai saír ben. Evidentemente é un reto, pero gústannos os retos".
Durante os Óscar, varias festas acollen ás celebridades da meca do cine, e unha das máis concorridas é a cea benéfica que Elton John organiza cada ano para recadar fondos para a súa fundación.
A Fundación Elton John leva 25 anos organizando un dos eventos benéficos máis importantes de Hollywood na loita contra a Sida, e si en 2017 os fondos recadados ascenderon a sete millóns de dólares, este ano os organizadores esperan superar esa cifra.
ALBA LOSADA ÁLVAREZ
1º BACHARELATO
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 11-02-2018 13:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal