Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Editorial Galaxia publicará en 2018 e 2019 dous libros inéditos de Xosé Neira Vilas

A Editorial Galaxia publicará dous libros inéditos de Xosé Neira Vilas, trátase dun volume de memorias que sairá á luz en abril de 2018 e dunha obra intimista que se dará a coñecer en 2019.Estas dúas obras foron achadas durante o labor de catalogación da obra do escritor na Fundación Neira Vilas, e recolleranse dentro da Biblioteca de Autor que, xa en vida, a editorial dedicou ao escritor.
O libro que sairá publicado este ano titúlase 'De Gres a Cádiz', onde o autor recolle, en primeira persoa, recordos que empezou a escribir en xaneiro de 1996 e cos que el recoñeceu abordar unha parte da súa vida con nostalxia e coa idea de revelar a Galicia aldeá de varias décadas atrás.Fai unha crónica da primeira parte da súa vida cun repaso ás súas vivencias entre a súa estancia en Gres e a súa chegada a Cádiz, desde onde se enmarcou aos 20 anos cara a América. A edición corre a cargo da profesora da Universidade de Santiago Dores Vilavedra.

Sofía Cougil
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 04-02-2018 16:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal