Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Comunidade galega contará coa primeira lei que regula o aproveitamento lúdico das augas termais
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou nunha rolda de prensa do Consello, que Galicia será a primeira comunidade en contar cunha lei que regule o aproveitamento lúdico das augas termais, establecendo unha fronteira clara entre as augas termais destinadas a fins terapéuticos e preventivos, e as destinadas a fins lúdicos e que achegan tamén beneficios para a saúde dos usuarios.
Feijóo avanzou que o novo texto marcará catro obxectivos fundamentais: velar pola salubridade e a hixiene deste tipo de aproveitamentos termais; garantir a súa sustentabilidade ambiental, para evitar que se degrade a súa calidade ou se reduza o seu caudal; protexer a súa integridade; e promover o desenvolvemento económico e social das zonas nas que xorden.
A futura lei delimitará entre establecementos balnearios -con usos terapéuticos- e espazos termais -con uso lúdico-. E tamén recollerá o réxime de inspección e sancións e dereitos e obrigas.
Feijóo destacou, ademais, que os períodos durante os cales estarán autorizados os proxectos dependerá do solo onde estean instalados.
En canto aos aproveitamentos lúdicos de augas termais que xa existen, está previsto que conten cun prazo dun ano para a súa regularización unha vez se aprobe a lei.
Esta lei suporá novas garantías para este sector, fundamental na oferta turística de Galicia: tanto para os propietarios das piscinas termais, como para os interesados en impulsar novos espazos con este tipo de augas, e tamén para os usuarios.




Lucía Alvarellos Garea
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 04-02-2018 16:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal