Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Seis ourensanos cumplen su sueño de estudiar en Ámerica

Carlota Pombar, Antía Sierra, Miguel Roares, Fermín Cruz, Marta Estévez e Lucía Vargas, son os seis ourensáns que cursarán primeiro de Bacharelato alén do charco. A Fundación Amancio Ortega posibilita que cursen 1º de Bacharelato en EEUU e Canadá "É un soño", repiten estes mozos de 4º da ESO.
O programa de inmersión lingüística finalizou estes días as fases de selección para que 500 escolares de España realicen o Grao 11 (equivalente a 1ª de Bacharelato) en centros de EEUU e Canadá, convivindo cunha familia local e con todos os gastos pagos. Dos 80 galegos afortunados, seis son de centros da cidade.
O poder das redes sociais e a ilusión dun destino común. "É que non mo creo, estou superilusionado e desexando facer xa a maleta”. Di un dos afortunados.
Carlota tivo interese polos idiomas desde temperá idade. "Agora teño unha oportunidade que só pasa unha vez na vida, quero subirme ao tren e vivilo todo. Sei que me superarei a min mesma", reflexiona Carlota.
Lucía Vargas será a representante da Divina Pastora Franciscanas. Confesa que botará de menos a comida galega e que lle ilusionan materias que aquí non podería cursar, como cociña ou teatro.
Fermín Cruz estuda no IES As Lagoas. Espera facer amigos no outro continente e ve aventura como unha oportunidade para madurar. "Verei se son capaz de vivir sen a miña familia, e tamén cambiarei de aires. É unha experiencia boa"
Parabéns para os seis rapaces e moita sorte!!
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 04-02-2018 14:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal