Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Chuac sitúase como cuarto hospital de España en número de transplantes.

Destes 256 transplantes, 120 foron do ril, sendo 26 do total de doante vivo; 61 de fígado; 48 de pulmón; 26 de corazón e un de páncreas. O ano pasado, realizáronse tres dobres de transplantes: dous hepatorrenales e un renopancreático.

Tanto o xerente da área sanitaria da Coruña, Luís Verde Remeseiro, como o coordinador de Transplantes do Chuac, Fernando Mosteiro, agradeceron a solidariedade das familias que doaron os órganos dos seus familiares falecidos ou das que doaron en vida, ademais do labor dos profesionais do complexo hospitalario.

"Un acto de xenerosidade", resumiu Remeseiro sobre as doazóns. No entanto, para este ano, un dos obxectivos do Chuac é reducir as negativas familiares, que se manteñen en torno ao 13,9%, nove décimas por encima da media nacional, aínda que por baixo da galega, segundo explicaron.


Sobre as razóns desta negativa, o doutor Mosteiro sinalou que "non hai un único motivo claro". Non entanto, vinculouno con "o culto ao corpo que hai en Galicia, a desconfianza e a falta de información". A iso, sumou razóns "éticas e relixiosos”.

Por outra banda, insistiu en que a lista de espera nestas intervencións "depende de ter un doante". A 31 de decembro do ano pasado, había catro pacientes esperando un transplante cardíaco; nove de pulmonar; dez, hepático e 224, á espera dun ril.
Alba Gonzalez
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 04-02-2018 13:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal