Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Detida unha parella en California que tiña aos seus 13 fillos encadeados e desnutridos.

A policía descubriu a macabra escena tras ser alertada por unha das nenas, que logrou escapar da casa. As idades das vítimas van dos 2 aos 29 anos.

A chamada á policía fíxoa unha nena de 17 anos que, segundo os investigadores, aparentaba ter 10. Dixo que os seus 12 irmáns estaban secuestrados na súa casa, un chalé nun suburbio de Perris, no interior de California. Os axentes do departamento do shériff de Riverside presentáronse na vivenda e alí abriulles a porta un matrimonio. Mentres falaban con eles, déronse conta de que alí había unha ducia de persoas na casa, algunhas encadeadas, no medio dun cheiro nauseabundo. Sete deles eran adultos, pero estaban tan desnutridos que parecían nenos pequenos.

O estremecedor descubrimento produciuse o domingo 14 pola mañá e foi comunicado este luns polo shériff do condado de Riverside nunha nota de prensa. A nena que avisou á policía dixo que lograra escapar e chamar desde un móbil que tomou da casa, un chalé situado nun cul de sac dunha urbanización en Perris, a 120 quilómetros ao Leste de Los Ángeles.


Cando os investigadores chegaron á casa abríronlles os pais, identificados como David Allen Turpin, de 57 anos, e Louise Anna Turpin, de 49. Mentres falaban con eles, descubriron aos nenos nun ambiente "escuro e pestilente". Algúns estaban encadeados ás camas.

“Os pais non puideron dar unha explicación lóxica de por que estaban inmobilizados desa maneira”, di a nota. “Os axentes atoparon dentro da casa o que crían que eran 12 nenos, pero quedaron impresionados ao descubrir que sete deles en realidade eran adultos, con idades entre os 18 e os 29 anos. As vítimas parecían estar sucias e moi desnutridas”.

Os pais foron detidos e enfróntanse a nove cargos de tortura e 10 cargos de poñer en perigo a menores. O xuíz ditou unha fianza de 9 millóns de dólares para cada un. Non teñen antecedentes no condado
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 04-02-2018 13:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal