Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Entréganse os Premios Modesto R. Figueiredo en Arzúa
Os galardoados son Ariadna Fernández González polo seu relato 'Secuestro', Lionel Rexes Martínez por 'O tempo dos pexegos' e Xerardo Vidal polo seu 'Vilaquinte'.

A Fundación do Pedrón de Ouro en colaboración co Concello de Arzúa celebrou o sábado 20 de xaneiro ás 12 do mediodía na capela da Madanela de Arzúa o acto de entrega dos Premios de Narración Breve Modesto Rodríguez Figueiredo.

Coa deste ano o premio Modesto R. Figueiredo acada a 43 edición, que converten o Figueiredo no único premio literario dedicado a potenciar os relatos curtos.
Tal é o prestixio acadado que moitos críticos literarios agrupan aos autores galardoados como os da Xeración do Pedrón de Ouro. O conxunto dos seus relatos comprendían as tendencias temáticas e estilísticas da narrativa galega destes últimos 40 anos.A través dos seus 42 anos de historia foron distinguidos máis de 100 autores, case todos noveis que logo desenvolveron unha exitosa carreira literaria.

O mantedor literario no acto de entrega foi o cantautor e poeta Baldomero Iglesias e actuou o concertista Iván Fernández Soto, profesor de piano do Conservatorio de Música de Arzúa.

SOFÍA COUGIL GARCÍA
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 21-01-2018 12:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal