EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

PUTIN AGRADECE A TRUMP A AXUDA DA CIA PARA FRENAR UN ATENTADO
O presidente ruso, Vladímir Putin, chamou ao seu homólogo estadounidense, Donald Trump, para agradecerlle a cooperación da CIA para desbaratar atentados terroristas en San Petersburgo, segundo informou o Kremlin este domingo. É a segunda conversación entre os mandatarios en catro días. O xoves, Trump chamou para agradecer os halagos do presidente ruso cara á economía estadounidense.
Aínda que non transcenderon moitos detalles, Putin díxolle a Trump que as pistas ofrecidas pola CIA ás axencias de intelixencia rusa serviron para rastrexar e deter a un grupo de sospeitosos que planeaban facer estalar a Catedral Kazan e outros lugares de interese da cidade rusa. Segundo a axencia de intelixencia rusa, FSB, os terroristas planeaban actuar en nome do Estado Islámico. Esta semana as autoridades incautaron explosivos, armamento e propaganda islamita nun apartamento de San Petersburgo.
Na chamada, Putin asegurou a Trump que os seus servizos de seguridade tamén alertarán aos estadounidenses en caso de detectar algunha ameaza, segundo a información distribuída polo Kremlin.
O xoves, Trump chamou ao presidente ruso para agradecer os seus comentarios recoñecendo a fortaleza da economía estadounidense e para reafirmar a súa cooperación mútua ante a ameaza nuclear de Corea do Norte. Foi unha chamada “xenial”, dixo o republicano ese día. A boa sintonía entre os líderes de dúas potencias mundiais tradicionalmente rivais sorprendeu e asustou a políticos do establishment, que observan a Rusia como unha ameaza e non un aliado.
As sospeitas son maiores tras demostrarse con evidencia que Rusia interferiu no proceso electoral estadounidense e favoreceu, a través de actividades na Rede, a candidatura de Trump fronte á da demócrata Hillary Clinton. Un fiscal especial, Robert Mueller, investiga desde hai meses se houbo unha coordinación entre a campaña do republicano e o Kremlin.
Nos breves encontros que mantiveron na marxe de reunións multilaterais, Putin asegurou que ningún actor ruso interveu no proceso electoral estadounidense. Trump defendeu que cre esa versión, pero as axencias de intelixencia americanas demostraron o contrario e presentado probas ante o Congreso




Lucas Rubio Quiroga 2ºBacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 14-01-2018 21:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal