Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Galicia perdeu máis de 6.500 habitantes no seis primeiros meses de 2017
Galicia perdeu un total de 6.554 habitantes no seis primeiros meses de 2017, xa que nin os nacementos nin a inmigración serviron para paliar o número de falecementos nin compensar a saída de poboación aínda que o saldo migratorio é favorable á Comunidade galega.

Segundo se desprende dos datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) difundidos este xoves, a 1 de xullo de 2017 Galicia sumou 2.703.662 habitantes, o que significa 6.554 menos que o 1 de xaneiro, unha perda do 24% dos seus habitantes.

Isto sitúaa como a quinta Comunidade de todo o Estado en perda de poboación durante o primeiros seis meses do ano, superada por Castela e León (-50%), Estremadura (-0,43%), Asturias (-0,41%) e Castela-A Mancha (-0,30%).

Se se toma como referencia os movementos migratorios (saídas e chegadas de poboación), Galicia conta cun saldo positivo, após gañar 2.087 habitantes no primeiros seis meses.

En detalle, as saídas de fóra de Galicia a outros países ven compensadas pola chegada de habitantes de fóra de España, o que significa que Galicia gañou 2.087 persoas. Con todo, hai máis galegos que van a outras comunidades autónomas que persoas que veñen a esta comunidade procedentes do Estado; concretamente, perdéronse 699 habitantes.

Ademais, Galicia rexistra máis defuncións que nacementos, de maneira que o saldo vexetativo é negativo en 7.942 persoas neste primeiro semestre do ano, conforme aos datos do INE.

DATOS ESTATAIS
No conxunto do Estado, a poboación aumentou en 21.021 persoas durante a primeira metade do ano e situouse nos 46.549.045 habitantes a 1 de xullo. O número de estranxeiros creceu un 1% até situarse nos 4.464.997 persoas, debido, principalmente, á inmigración procedente do exterior.

Durante o primeiro semestre do ano, España rexistrou un saldo migratorio positivo de 52.926 persoas, consecuencia dunha inmigración de 237.115 e unha emigración de 184.189.

No caso dos españois, o saldo migratorio foi negativo e perdéronse 12.976 persoas. Mentres, a poboación estranxeira tivo un saldo migratorio positivo, de 65.902 persoas, o que continúa a tendencia de 2015.

As comunidades con maior crecemento poboacional son, en termos relativos, Illas Baleares (0,84%), Comunidade de Madrid (0,46%) e Canarias (0,43%).



Lucía Gómz Cibeira, 2ºBac.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 17-12-2017 22:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal