Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Reabre de forma temporal o Museo Maside á espera da súa declaración como BIC por parte da Xunta
O Museo Carlos Maside, situado no complexo industrial de Cerámicas do Castro, en Sada (A Coruña), reabriu de forma temporal as súas portas á espera de que a Xunta aprobe a súa declaración como ben de interese cultural (BIC), figura que obrigaría a conservar en bo estado un patrimonio que na actualidade corre o risco de degradarse polas humidades.

Segundo informaron este venres a Europa Press fontes do Complexo de Cerámicas do Castro, o inmoble permanecerá aberto os próximos días, de forma temporal, de 11,00 a 13,30 horas e de 17,00 a 20,00 horas.
O Museo Carlos Maside foi concibido polos debuxantes, escritores e intelectuais galeguistas Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo en 1970 como espazo para "reivindicar o papel dos autores das vangardas galegas que, debido á Guerra Civil, ou ben se habían ir ao exilio ou desaparecido tirados en cunetas", lembrou en declaracións a Europa Press un dos fillos do fundador de Sargadelos, Xosé Díaz.
Na súa colección permanente exhíbense obras de figuras como Francisco Llorens, Castelao, Francisco Asorey, Xosé Frau, Maside, Bonome, Laxeiro, Arturo Souto, Fernández Mazas, Cabreiro, Huici, Citino e Maruja Mallo, Lugrís, Seoane, Colombo, Eugenio Granell e o escultor Antonio López, entre outros.





VISITA DE EN MAREA
Precisamente, as instalacións foron visitadas este venres por varios integrantes de En Marea, formación que presentará en xaneiro no Parlamento galego unha iniciativa para reclamar a declaración como BIC das complexo Cerámicas do Castro, o que incluiría o Museo Carlos Maside, ademais da fábrica, o taller do intelectual Isaac Díaz Pardo e o Laboratorio de Formas de Galicia.
A iniciativa foi anunciada este venres pola deputada Ánxeles Cuña, que visitou as instalacións acompañada polos parlamentarios autonómicos Antón Sánchez e Luca Chao; por deputado no Congreso Miguel Anxo Fernán Lanuxe; así como polo alcalde de Sada, Benito Portela.
En declaracións aos medios, Ánxeles Cuña considerou que declarar esta instalación como BIC é "unha débeda e un compromiso histórico, ético e estético". "Esas obras non poden deteriorarse máis", apuntou sobre o máis de centenar de propostas artísticas.
Pola súa banda, Benito Portela insistiu en que se trata dunha "colección irrepetible" que se atopa "nunhas condicións que poden ir deteriorando a obra". Por iso, tamén pediu "melloras" no edificio para facelo confortable "no sentido máis amplo da palabra".






Iria Álvarez Prieto, 2ºBac.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-12-2017 22:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal