Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Hunga Tonga, a illa do Pacífico que axudará a explorar o pasado de Marte
Hunga Tonga, a illa máis nova do mundo que apareceu no océano Pacífico despois dunha erupción volcánica fai tres anos, podería ofrecer pistas para comprender o desenvolvemento potencial da vida en Marte, segundo informou a NASA.

Hunga Tonga xurdiu durante unha erupción a finais de 2014 e principios de 2015, a uns 65 quilómetros ao noroeste de Nukualofa, a capital de Tonga. Os científicos anticiparan que esta illa, producida pola expulsión de grandes volumes de rocas e cinzas, desaparecería en poucos meses.

A illa, que inicialmente medía un quilómetro de ancho por dous de longo, ha capeado moito mellor do esperado grazas á consolidación dos refugallos volcánicos nunha roca chamada toba volcánica.

Un novo estudo da NASA, que observou por satélite a evolución física da illa desde o seu nacemento, dálle unha esperanza de vida de entre seis e trinta anos.

Para o investigador da NASA Jim Garvin hai unha oportunidade moi rara para estudar o ciclo de vida nas novas illas. Explica que Marte tiña moitas illas volcánicas antigas similares, que probablemente estaban rodeadas de auga no momento da súa aparición, polo que estas antigas illas son lugares particularmente interesantes cando se trata de buscar rastros de vida pasadas.

Observando a vida de Hunga Tonga, os científicos poden saber onde buscar rastros de vida en Marte. "Este tipo de illa podería existir en Marte fai 2.000 ou 3.000 millóns de anos, con lagos e mares pequenos", detalla Garvin.



Raquel Vázquez Reza 2ºBacharelato




Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-12-2017 22:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal