Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Belén González Pérez
Almuiña asegura que están preparados para a incidencia da gripe, sexa máis ou menos "agresiva" que a previsión estimada
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, pediu "desculpas" porque "pode haber, nalgún momento, un atraso na atención" das urxencias, pero asegurou que a situación se está "practicamente normalizando". No entanto, sinalou que hai "unha incidencia de urxencias un pouco máis alta do habitual".

Neste sentido, insistiu en que a Xunta ten un plan de continxencias, xa que o pico da gripe está por chegar, e lembrou que existe a "posibilidade de ampliar o número de camas sobre as utilizadas o resto do ano".
"Neste momento temos activado un plan de continxencias que afecta a todos os recursos, non só a nivel dos servizos de urxencias senón tamén de medicamento interno, pneumoloxía e os propios centros de saúde para que haxa sempre reforzos e póidase atender", declarou o conselleiro, este venres, a preguntas dos medios.
Con respecto aos problemas en urxencias xurdidos estes días, Almuiña asegurou que o Sergas "sempre" ten "planificado" como actuar ante estas incidencias, porque estudan a previsión do incremento da demanda "con tempo". Así, o titular de Sanidade adiantou que "non" tomará medidas máis aló do plan de continxencias, que "non é unha medida" senón "moitas.

"É certo que aumenta o número de cidadáns que requiren os servizos sanitarios nesta época do ano e dáse unha resposta proporcionada ao que corresponde", afirmou Almuiña, á vez que incidiu en que "non quedará ningún paciente sen atender", e tampouco quedará "sen ingreso, se o necesita".
Ademais, o conselleiro achacou esta situación á coincidencia de varios festivos a semana pasada, posto que, "loxicamente, aumentan a incidencia de atención, tanto na continuada como nos servizos de urxencias ao estar pechados os centros de saúde".
O PICO DA GRIPE
Doutra banda, Almuiña asegurou que están "preparados porque aínda falta por chegar o pico da gripe". Segundo os datos do conselleiro, Sanidade "ten previsións doutros países" con respecto á enfermidade, posto que nalgúns "foi un pouco máis agresiva" e noutros "foi máis leve".
O conselleiro de Sanidade remarcou que os hospitais galegos adaptaranse "" á incidencia da gripe que haxa en Galicia posto que, aínda que contan coas previsións de afectación noutras zonas, a repercusión deste virus nun país non ten que ser a mesma que noutra rexión. "A nosa previsión é a de poder tratar en todo momento aos pacientes que o necesiten", sinalou Almuiña.
O conselleiro lembrou tamén que Sanidade continuará coa campaña de vacinación até o día 29 de decembro, "abertos a que todas as persoas de risco, cunha idade determinada e con patoloxías, poidan vacinarse".



Belén González Pérez 2ºBacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-12-2017 21:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal