EDLg franciscanasOurense


Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ALTA CONTAMINACIÓN EN MADRID

Madrid ten un gravísimo problema de saúde pública. Debe conseguir uns niveis de calidade do aire aceptables e cumprir coa lexislación europea, que a leva vulnerando, ano a ano, desde que se adoptase a normativa comunitaria en 2010. O concello viuse obrigado a activar o protocolo anticontaminación.
O último episodio de alta contaminación acumula máis dunha semana de restricións ao tráfico na cidade e que supón o período máis longo de aplicación do protocolo. Estas medidas son limitacións de velocidade a 70 quilómetros por hora na M-30 e nos accesos desde a M-40 e a prohibición de aparcar no interior da M-30.
Pero a contaminación ten un efecto acumulativo. Dada a baixa presión atmosférica dos anticiclóns e a ausencia de choiva nestes días, as partículas contaminantes vanse quedando atrapadas aumentando a súa toxicidade.
O concello comunicou que se está elaborando un novo plan que permita aplicar antes as restricións.
A previsión meteorolóxica de AEMET (Axencia Estatal de Meteorología) indica que a estabilidade atmosférica vai comezar a remitir a partir do venres 24 de novembro, e que as condicións de ventilación da atmosfera serán favorables durante os próximos días, o que implicará un descenso dos niveis de contaminación.
Alba losada álvarez 1º bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 26-11-2017 20:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal