Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O mellor pallaso do mundo naceu en Jaca.

O libro rescata a figura de Marcelino, estrella en Nova York e inspiración
de Charles Chaplin
A lenda dí que inspirou a Charles Chaplin seu celebérrimo número do bastón e
o chapeu, que Buster Keaton lle adoraba e que compartiu escenario cun xoven
británico recientemente chegado a Estados Unidos que logo adoptaría o nome
artísico de Cary Grant. Foi Marceline, o clown, estrela mundial, adorado por
millóns de espectadores e morto tras pegarse un tiro nunha habitación de hotel
de Nova York en 1927, cunha pistola comprada cos seus últimos quince
dólares.

Prácticamente esquecido durante décadas, fai uns anos reavivou o interese
pola súa figura grazas ao achado dun periodista aragonés, Mariano García,
que demostrou en 2004 –nunha serie de reportaxes publicados en Heraldo de
Aragón que o gran pallaso da belle époque chamábase en realidade Marcelino
Orbés Casanova e naceu en Jaca en 1873.
Como o filllo duns labregos humildes dos pirineos convertiuse nunha das
estrelas máis celebradas do show business de Estados Unidos? A resposta
está en Marcelino, o mellor pallaso do mundo, o libro recén publicado no que
Mariano García resume 13 anos de investigación e obsesión sobre esta figura.

Wuimer Álvarez Célix, 1ºBACH.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 26-11-2017 15:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal