Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O can é o mellor amigo do home!
Si amigos, tal que soe. Unha vez máis a frase "O can é o mellor amigo do home" se
confirma, e aos feitos me remito.

Non é a primeira vez que nun anuncio de televisión vemos unha mascota. Todos
recordamos a Pancho, o can do anuncio da lotería primitiva que mais tarde protagonizaría
unha película "Pancho, o can millonario". Pois ben, no anuncio da lotería deste ano 2018 tamén aparece un can. Nesta ocasión chámase Max.

Non vou falar do anuncio, de se gusta máis ou menos. Non. Hoxe quero falar dun artigo que lin onte no diario “La Razón” sobre como Max salvou a vida dun neno.

Max é un can que colleron da rúa cando tiña só uns días. Acolleuno unha familia que
rapidamente se librou del por ser "demasiado argalleiro". Pero tivo a sorte de cruzarse no seu camiño coa súa actual propietaria, Ainhoa ​​Larregui, que no canto de devolvelo á protectora, decidiu adestralo.

Max saltou á fama porque o seu adestrador oíu que estaban buscando un can que soubese bocexar. E así foi como lle enviaron a Alejandro Amenábar un vídeo onde Max
bocexaba. O equipo de produción describe a Max como un can enérxico, sensible e afectuoso,
que esperta en quen o ve un degoro irrefreable. E iso foi precisamente o que fixo que Max
obrara un milagre na persoa de Nico.

Nico é un neno, veciño de Max, que aos sete anos lle diagnosticaron un tumor no cerebelo. Tras a operación acabou en estado vexetativo polas numerosas complicacións que tivo. Ancorado a unha cadeira de rodas para sempre, un día recibiu a visita de Ainhoa e de Max. Nico tiña os dedos untados de Nocilla. En canto Max cheirou o doce aroma do chocolate e as avelás non dubidou en darlle unha lambetada aos dedos de Nico. Esta reacción instintiva de Max tamén supuxo para Nico outra reacción instintiva:o neno ergueu o brazo lixeiramente para tocalo e sorriu. Algo impensable para calquera que estivera ao lado de Nico e coñecera a súa enfermidade: Síndrome de
cautiverio e mutismo cerebeloso!

Dende entón a súa nai tivo claro que quería a
Max ao lado de Nico e acertou. Todo foi mellorar, ata o punto de que hoxe Nico vai á escola e pode levar unha vida máis ou menos normal.

A historia de Nico non é única. Os cans son unha das mascotas preferidas por moitos, xa que ofrecen compañía e fanse querer. Ademais teñen un modo especial de aceptar ás persoas.

A terapia con cans utilízase para mellorar a saúde e o benestar dos pacientes xa que estes chegan alá onde as menciñas e os terapeutas non dan chegado. Os que temos cans no fogar sabemos de primeira man que sempre están aí nos bos e nos malos momentos. Son terapeutas naturais. Melloran o estado de ánimo, evitan a soidade, fomentan o contacto físico e social, temos que acariñalos, asealos, darlles de comer, xogar con eles... serven como incentivo e motivación porque te obrigan a saír da casa. Tes que sacalos a pasear e como consecuencia, melloran a túa capacidade motora e sensorial. Nunha palabra, son especiais pero con todo, son seres vivos e como tal hai que respectalos e coidalos. En contrapartida, devolveranche cariño, afecto, compañía, xogo... un amigo co que sempre podes contar!

Clara María Domínguez Iglesias 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-11-2017 13:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal