Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O río Barbaña é contaminado por reiterados vertidos no seu cauce
O río Barbaña recibiu onte unha nova vertedura industrial que cubriu boa parte da canle de escuma branca. A situación prodúcese cando aínda non desaparecera o forte cheiro a cloaca que desprendía na tarde do xoves.

Técnicos da Confederación Hidrográfica Miño Sil recolleron novas mostras de auga, que unha primeira análise (estudaranse con profundidade en laboratorio) non se detectaron materiais pesados como o chumbo, cromo, cadmio ou
mercurio, que puidesen ocasionar a morte de peces.

O presidente do organismo de conca, Francisco Marín, recoñece as sucesivas verteduras ao Barbaña, que se "incrementan os fins de semana. Hai xente con pouca sensibilidade ambiental e saben que os fins de semana hai menos persoal para vixiar e aproveitan para verter", asegurou Marín.

O río presentaba onte un estado lamentable. A auga discorría ennegrecida e desprendendo un forte cheiro. O tramo entre Ponche Noalla (San Cibrao) e Taboadela está practicamente seco, pero cara á cidade arrastraba abundante
auga. Á depuradora de San Cibrao chegan 800.000 litros cada hora. Segundo o seu encargado, Enrique Igrexas, as instalacións funcionan perfectamente. "A auga sae completamente limpa. A contaminación baixa polo río, non é da
depuradora", asegurou.

Kevin Oliveira Quiroga 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 26-11-2017 13:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal