Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Sergio Ramírez, Premio Cervantes 2017
O nicaragüense Sergio Ramírez (Masatepe, Nicaragua, 1942), escritor, xornalista, político, avogado e vicepresidente do seu país de 1984 a 1990, durante o goberno sandinista; foi recoñecido co Premio Cervantes 2017.
É a primeira ocasión nos máis de 40 anos da súa historia que este galardón,o máis importante en lingua castelá, viaxa a Centroamérica para
recoñecer a un autor que converte a realidade nunha obra de arte.

O xurado concedeu o premio a Ramírez "por unir na súa obra a narración e a poesía e o rigor do observador e o actor, así como por reflectir a viveza da vida cotiá convertendo a realidade nunha obra de arte, todo iso con
especial altura literaria e en pluralidade de xéneros, como o conto, a novela e o columnismo xornalístico".

Aos seus 75 anos, Ramírez é un dos narradores máis significativos de América Latina coa súa mestura ficción e realidade na súa produción literaria, que conta con novela, ensaio e contos, con alto contido político.

A súa vida estivo marcada pola ditadura dos Somoza, a revolución sandinista e os seus máis de cincuenta libros. Non en balde defínese como un narrador a tempo completo e un apaixonado da literatura que combinando na súa vida as letras e a política.O seu paso pola política, di, foi circunstancial: "pasei por ela porque foi unha necesidade trala revolución sandinista".

Desde moi novo a súa vocación fora a literatura (aos 14 anos publicou o seu primeiro conto e o seu primeiro artigo), pero meteuse na política para librar a Nicaragua da ditadura dos Somoza (1937-1979).

Recibiu galardones como o Alfaguara de novela por "Margarita, está linda la mar" (1998), el Dashiell Hammett (1990) por "Castigo divino" ou o Iberoamericano das Letras José Donoso (2011) e o Carlos Fuentes (2014).

Publicou máis de 55 libros, que foron traducidos a varios idiomas.

Entre as súas obras figuran "La marca del Zorro", "Oficios compartidos",
"Charles Atlas también muere", "Un baile de máscaras" (Premio Laure-Bataillon 1998), "Adiós muchachos", "Mentiras verdaderas", “Sara” e as dúas novelas negras protagonizadas polo inspector e exguerrillero Dolores Morales.

Jaime Eiriz Castro 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-11-2017 13:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal