Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Ourense no día contra a violencia de xénero
Hoxe véñovos falar dun tema que leva sendo oprimido séculos e que dende 1999 pode saír ás rúas abertamente cada 25 de Novembro: a violencia de xénero. Todos nós sabemos da existencia desta crúa realidade, unha lembranza constante do machismo que se cerne sobre esta sociedade dende centos de anos, e que non nos remata de abandoar.

Onte na nosa cidade non foron poucas as persoas que saíron á rúa a protestar polas agresións constantes que sufren as mulleres da nosa cidade, de feito Ourense ao longo deste 2017 rexistrou arredor de 300 casos de violencia de xénero, nos cales só 30 dos agresores foron denunciados e encarcerados. Isto débese, sobre todo á necesidadede protexer aos agresores que, por desgracia, senten as vítimas.

Algo que si podemos dicir a favor da nosa cidade con respecto a este tema, son os centos de denuncias postas por persoas alleas ás chamadas relacións tóxicas, persoas que escoitaron, presenciaron ou que dalgunha maneira chegoulles a noticia dalgún caso de maltrato á muller, e que en lugar de no facer nada tiveron o valor de deixar constancia delo na policía.

Foron polo menos cinco as manifestacións que houbo onte polas rúas ourensás protestando polos dereitos e as desigualdades ás que segue sometida a muller hoxe en día.

Mª José León Fernández-Reyes 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 26-11-2017 13:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal