Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Obradoiro e Sar arrolan o soño da Copa.
O Obradoiro e Sar xa teñen a sétima vitoria, en nove xornadas. Equipo e afección arrolan un soño, o da Copa, pero non se van a deixar cegar polo brillo do momento. De momento, gozan dun arranque de curso extraordinario.

Víronse as caras dous equipos moi traballadores e moi traballados, dos que regalan pouco e esixen moito ao rival. Atrás multiplícanse. Diante aplican paciencia, non teñen inconveniente en alongar as posesións. Consígnaa é buscar boas posicións de tiro sen caer na precipitación. Xogan co manual na cabeza e de cando en cando sáense do guion. Na primeira parte incomodáronse mutuamente e movéronse sempre en distancias curtas, sen atopar velocidade de cruceiro, con pequenos refachos nun e outro lado.

Thomas, a pesar da vixilancia extrema á que era sometido (fóronse turnando San Miguel, Richotti e Davis), e Radovic eran os que máis dano facían, tirando de recursos e calidade individual. Faltaba continuidade. De feito, mediado o segundo cuarto, e a pesar de ir por diante no marcador, Moncho Fernández pediu tempo vendo ao equipo un tanto acelerado. No outro lado o Tenerife atopou o seu mellor argumento ofensivo nos balóns que conseguía facer chegar a Tobey preto do aro. Ao descanso chegouse cun axustado 36-34. E nun partido tan trabado botábanse en falta un par de canastras feitas de Bendzius e Radovic no primeiro cuarto, con toda a vantaxe a un metro do aro.


Laura Losada Conde 2ºBacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-11-2017 22:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal