Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O único gato que foi ao espazo terá a súa estatua en París
Unha campaña no sitio web Kickstarter recadou con éxito máis de 57.000 dólares para crear "un monumento conmemorativo axeitado" para Félicette, unha femia de cor branco e negro que axudó no camiño para que os humanos viaxasen ao espazo, cuxa xesta non tivera recoñecemento.
O 18 de outubro de 1963, Francia converteu a Félicette no primeiro e único felino en viaxar ao espazo. Lanzouse sobre un cohete Véronique AG1 e voou preto de 157 kilómetros sobre a Terra, onde experimentou brevemente a ingravidez. O seu cohete elevouse ata seis veces a velocidade do son e a expuxo a 9.5 G de forza. Quince minutos más tarde, regresou á Terra de forma segura, lanzándose en paracaídas na súa pequena cápsula espacial, sanaey salva.
E así, un gato sacado das rúas de París converteuse no único gato espacial. Félicette foi a elixida dos 14 gatos incluídos no programa espacial francés para someterse a un adestramento de voo espacial. A súa participación na carreira espacial certamente non foi voluntaria, mais foi un gran hito para Francia, que acababa de establecer a terceira axencia espacial civil do mundo (despois dos EE. UU. e a Unión Soviética). A misión de Félicette axudou a Francia a participar na carreira espacial.
O adestramento involucrou o mesmo tipo de centrifugadora na que los astronautas humanos sentan durante o seu adestramento de verificación previa. Os gatos tamén tiñan electrodos implantados nos seus cerebros para que os científicos puideran controlar a súa actividade neurolóxica.



Antía Forneiro Bugallo 2ºBacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-11-2017 21:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal