EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Ourense inicia un plan para reducir as agresións ao persoal sanitario
A directriz da Secretaría de Estado de Seguridade para poñer en marcha en todo o país un novo protocolo de apoio aos profesionais sanitarios fronte ás agresións que sofren no desenvolvemento da súa actividade, comezaba a plasmarse onte en Ourense. Na Subdelegación do Goberno, e presidida por Roberto Castro, desenvolveuse a primeira reunión na que estiveron presentes representantes das Forzas de Seguridade e dos colexios profesionais de médicos e enfermeiras, entre eles os seus presidentes, José Luis Jiménez e Ascensión Pérez Sampayo, respectivamente.



O protocolo, tal e como explicou Roberto Castro, fixará a interlocutores da Garda Civil e a Policía Nacional para servir de ligazón cos responsables dos centros sanitarios e os colexios profesionais para coordinar as actuacións. Entre as medidas para poñer en marcha está unha análise da seguridade dos distintos puntos de atención sanitaria da provincia, tanto públicos como privados.

O obxectivo é elaborar un mapa de risco nos que identifiquen aqueles que rexistran unha maior conflitividade. A instrución ministerial que ordena este plan para evitar agresións aos traballadores da sanidade contempla que se poidan reforzar os dispositivos de seguridade e vixilancia na contorna, incrementando o número de patrullas en función do risco detectado. O protocolo tamén facilitará o intercambio de información para facilitar as investigacións. Outro punto que inclúe o plan son actividades formativas e informativas orientadas a que os profesionais poidan previr unha posible agresión e saiban como protexerse.






Laura Feijoó González, 2ºBac.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-11-2017 21:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal