EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Morriña!
Bo día. Aquí estou de novo .
Hoxe para introducir o meu blog, comezo por citarvos estas frases: “Galicia Calidade”, “Galicia un paraíso para visitar”, “Quero Galicia” ou “Enamórate dun Galego”... Fánsevos
coñecidas?

Esta fin de semana estiven fóra de Ourense, e durante a viaxe en coche deume tempo para ver, pensar e conversar.

Como xa imaxinaredes o resultado dos meus pensamentos salta á vista: Como en Galicia, en ningún outro lado!

Nalgún momento vos parastes a pensar na riqueza que temos ao noso redor? Somos únicos! E non me estou referindo á riqueza económica precisamente, senón a esa outra que está ao alcance e lecer de todos: temos paisaxes verdes, mares incribles, as nosas costas...
monumentos como a Catedral de Santiago, cumio da peregrinación de millóns de persoas que
realizan o Camiño; en Ourense, As Burgas, as Pontes, as nosas Termas, o Cañón do Sil, o
Mosteiro de Santo Estevo, Manzaneda..., Museos, a Casa da Auga e o Museo das Ciencias na
Coruña... en definitiva, faríame falta toda esta páxina e quedaríame curta ao enumerar todos e cada un dos elementos do noso patrimonio cultural e de seguro que me deixaba algún.

As nosas festas, ás que tantos estranxeiros se acercan todos os anos moitas delas enlazadas
sabiamente coa nosa gastronomía. Que dicir da nosa gastronomía! Sabedes que soamente en
Galicia temos 32 produtos con selo de calidade de orixe? Entre viños, licores, carnes, vexetais, queixos e doces. Algúns preto que vos soarán moito: o Licor Café, a Augardente de Herbas, o viño D.O. Ribeiro, o Lacón Galego, o Capón de Vilalba, a Tenreira Galega, as Patacas e os Grelos, o Queixo de Arzúa, o Pemento e Padrón, a Tarta de Santiago, o Mel de Galicia, o Pan de Cea, a Castaña de Galicia, os Mexillóns... son todos eles produtos da nosa terra e do mar, que supoñen unha verdadeira delicia para o noso padal e que non se poden atopar alimentos tan bos en calquera lugar. Desto último podo dar fe!

Hoxe podería ter feito referencia a outros acontecementos:

Á Catástrofe do Prestige, que o pasado día 13 de novembro fixo quince anos cando un buque
petroleiro chamado Prestige se afundiu a uns 250 quilómetros da costa galega, resultando un
desastre ecolóxico para a natureza pero, como diría a miña aboa, sempre hai alguén que das
desgrazas alleas saca bo proveito.

Á conmemoración o vindeiro día 25 de novembro do día “Contra a Violencia de Xénero”.

Á celebración este domingo día 19 de novembro da XLI Carreira de San Martiño en Ourense.
...
Pero non, gustoume facer este parón e deixar a miña pegada neste blog para dicir que me
considero unha privilexiada por vivir nunha terra de tanta riqueza cultural e persoal, porque non hai que esquecerse que un lugar, unha terra, fano as xentes que viven nel.

Apertas e ata a semana vindeira.

Clara María Domínguez Iglesias 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-11-2017 18:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal