EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A biblioteca máis futurista de China
Unha das bibliotecas máis visitadas do mundo, pero non porque teña moitos libros senón pola
súa estrutura futurista.

Decenas de miles de internautas en China e o estranxeiro quedaron marabillados coas imaxes
da nova biblioteca Tianjin Binhai, situada nesta cidade do norte do país asiático. O edificio, que se inaugurou hai pouco máis dun mes, conta cunha impoñente sala principal con varias filas de andeis brancos ata o teito, todas elas cheas de libros. Ou, polo menos, isto é o que parece mirando de lonxe.

A sala principal, cunha altura de case 30 metros, conta cun deseño futurista. No centro está unha enorme esfera branca, chamada O Ollo, cuxo interior acolle un auditorio para
presentacións e conferencias. Esta bola está rodeada de andeis brancos de forma ondulada.

"Este sitio é o soño de calquera amante da lectura", resumía un usuario de Weibo, unha plataforma chinesa similar a Twitter, tras ver as instantáneas da biblioteca. No propio Twitter, os comentarios eran moi similares.

Pero a realidade é algo distinta. A estética do edificio, de seis plantas e 33.700 metros cadrados, é sen dúbida espectacular. Pero nalgunhas imaxes, tomadas desde máis preto,
apréciase como en varias filas non hai libros, senón simplemente imaxes destes impresas no fondo de cada estante. Trátase, en gran medida, dun efecto óptico.

Miles de persoas visitan cada día o centro atraídos polo seu deseño e, sobre todo, a súa
popularidade en redes e medios de comunicación. Este súbito éxito disparou os préstamos de
libros, que se cuadriplicaron desde o día da inauguración. Quizais este balbordo axudará
tamén a que as autoridades cambien de opinión para que a considerada por moitos como "a
biblioteca máis bonita do mundo" teña tamén libros reais na súa sala principal.

Ricardo Alberto Ferreiro de Aguiar 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-11-2017 18:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal